Comparto este cadro baixo esta licenza
olla polo buratiño
Bitácora 2º B
A pirámide dos alimentos
EMMA:
Hoxe
no colexio fixemos unha pirámide. No primeiro piso puxemos cereais,
arroz, pasta, pan e patacas. No segundo piso puxemos verduras,
hortalizas e froitas. No terceiro piso puxemos leite, iogurt, queixo e
aceite de oliva. No cuarto piso puxemos carnes sen graxas, peixe, ovos,
legumes e froitos secos. No quinto piso puxemos carnes con graxas e
embutidos. No sexto piso puxemos dulces e chuches.
LARA:
A miña nai non quere que coma: chocolate, chuches, pasteis e doces.
Prefire que coma: leite, froitas e froitos secos, etc.
Marco
Dixenlle a miña nai que estamos facendo unha pirámide de alimentos. Temos que comer SAN.
Aimar
A
min non me gustan os doces, por iso non como chuches, nin chocolate. A
miña alimentacion baséase en froitas, verduras, peixe, carnes, legumes,
ovos e pasta.Teño que intentar tomar máis froitos secos, pasas, castañas
e aguacate. Gústanme moito os iogures, a tortilla e o xamón.
O mago: facemos bolboretas
Comezamos unha nova etapa de "O mago".
Neste caso imos colaborar para crear bolboretas. Entre todos temos que facer maxia para conseguir que voen.
Neste caso imos colaborar para crear bolboretas. Entre todos temos que facer maxia para conseguir que voen.
Carritus selo AulasInn do mes de marzo
Estamos de noraboa!!!!
O noso Proxecto Carritus, vén de ser recoñecido co Selo Aulas Innovadoras do mes de marzo, que outorga a Asociación Espiral.
O xurado valorou que Carritus é un proxecto integrado dentro da aula, que fomenta a lectoescritura, emprega as ferramentas 2.0, promove a concienciación e inculcación aos máis pequenos da importancia dunha dieta sana e equilibrada...
Este recoñecemento anímanos a seguir traballando na mesma liña, fomentando o uso das TICs na educación.
Grazas!!!

Proxecto O mago: O ciclo da auga
Traballamos "O ciclo da auga" coa App Flip Boom, seguindo os pasos que se indican a continuación.
PROCESO
RESULTADO
Para descargar a App premer na imaxe
Senticolor
Senticolor é un proxecto que estamos a levar a cabo no noso colexio con diferentes obxectivos:
- Coñecer, experimentar e analizar as posibilidades dos dispositivos móbiles como instrumentos de creación de contidos, de comunicación e de colaboración entre o alumando e profesorado.
- Investigar e poñer en práctica metodoloxías de introdución das TICs nas aulas.
- Descubrir e catalogar App para o traballo da lectoescritura.
- Empregar as App e os dispositivos móbiles como ferramenta para a lectoescritura: creación dun conto dixital.
- Fomentar o traballo colaborativo.
- Elaborar dun protocolo de uso dos dispositivos móbiles na aula/centro.
A primeira fase do proxecto xa está en marcha. Nos vindeiros días, comezaremos co proceso de ilustración do conto para crear a publicación e deseñar as actividades para poder traballar con el.
No seguinte enlace poderedes consultar as App que xa está catalogadas. Atoparedes as que estamos a traballar na aula, e algunhas que aínda nos quedan por experimentar.
Obradoiro Entroido
Dende o Equipo de actividades do cole organizaron un obradoiro sobre bonecas do Entroido.
PROCESO
Untitled Video
RESULTADO
Bonecas Entroido I
Bonecas Entroido II
Proxecto O meu libro fala: Soños de andel
Comezamos un novo proxecto, O meu libro fala.
Estes días, estivemos practicando na casa a lectura de Soños de andel.
Coa aplicación SoundCloud gravamos a lectura de cada unhas das páxinas.
Agora, coa aplicación QR Droid, crearemos os códigos QR para así poder ter o noso propio audiolibro de Soños de andel.
É unha actividade moi interesante, porque, ademais de practicar a lectura, tamén nos podemos escoitar a nós mesmos e darnos conta de se o facemos ben, ou se, pola contra, temos que corrixir algún aspecto do noso xeito de ler.
Estes días, estivemos practicando na casa a lectura de Soños de andel.
Agora, coa aplicación QR Droid, crearemos os códigos QR para así poder ter o noso propio audiolibro de Soños de andel.
É unha actividade moi interesante, porque, ademais de practicar a lectura, tamén nos podemos escoitar a nós mesmos e darnos conta de se o facemos ben, ou se, pola contra, temos que corrixir algún aspecto do noso xeito de ler.
Para descargar as App, premer nas imaxes
O mago: mensaxes de San Valentín
Escribimos, adornamos e limos notas de San Valentín coa App Crea e debuxa notas.
Para descargar premer na imaxe
O mago: os sentimentos
Para descargar a App de PicsArt, preme na imaxe
GRUPO 1: SUPER CONTENTA
GRUPO 2: DECEPCIONADA
GRUPO 3: CONTENTO
GRUPO 4: TRISTE
GRUPO 5: CANSADO
GRUPO 6: FELIZ
GRUPO 7: ENAMORADO
O mago: traballo colaborativo
Así organizamos a nosa aula e o traballo diario.
Fotografía de Sergio Palau, Licencia BY-NC-SA
Debuxos de Paula Turrado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)