Proxecto Quérete: Libros que nos fan sentir ben

Agora que xa coñecemos as palabras que nos fan sentir ben, imos descubrir os libros que ao rematar do lelos estamos contentos, felices, ilusionados...

A selección ímola facer de entre todos os libros que estades levando a diario da biblioteca do cole. 

Tedes que dicirme o título do libro, o autor ou autora e o motivo polo que vos fixo sentir tan a gusto.

Para comezar, eu propóñovos "Orellas de bolboreta".


Orellas de bolboreta é un fermosísimo libro no que nos atopamos con situacións nas que se considera como positivo o que normalmente os demais considerarían como negativo.

Da man de Mara imos decubrir que as cousas son dun xeito ou doutro segundo como as vexamos.

Escrito por Luisa Aguilar, está publicado na editorial Kalandraka.

No hay comentarios: