Zona nais e pais: Os agasallos do Nadal

Nestes días comezanse a facer as compras para os agasallos do Nadal. Dende aquí queremos ofrecervos unha serie de suxestións:

1. Coñecer cales son os xoguetes máis axeitados a cada idade.
2. Dosificar os agasallos ao longo das festas para que así os nenos e nenas vaia gozando dos xoguetes durante as vacacións.
3. Os xoguetes deben servir para que o neno ou nena xogue, pero tamén para que desenvolva a súa imaxinación.
4. Escoller o agasallo de acordo coas características psicolóxicas dos menores. Aos nenos ou nenas retraídos sonlles moi útiles os xogos que animan á participación doutros nenos. Aos hiperactivos, agasallos que animen a un uso proveitoso do exceso de enerxías, como construcións ou aparellos musicais sinxelos.
5. Non facer nin dicir nada que poida fomentar a envexa ou a comparación cos agasallos que reciben amigos ou compañeiros.
6. Negarse radicalmente a agasallar un xoguete que se considere sexista ou bélico.
7. Combinar os xoguetes que adoitan pedir os menores con outros máis didácticos.
8. Os nenos e nenas deben saber que os xoguetes teñen un prezo e as dispiñibilidades económicas, un límite. Hai que evitar que se convirtan nuns “consumistas irracionais e caprichosos”.
Non esquezades os libros. Está comprobado que a lectura de contos dos pais aos nenos, dende a infancia, axúdalles a desenvolver a linguaxe e a imaxinación.

Podedes obter máis información no blog Orientaremedios, do Departamento de Orientación do noso cole.

No hay comentarios: